SOBRE MIN
FILOSOFÍA
Detrás de Denovo Movemento atópase Ismael Novo Souto, graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña, colexiado nº 59412.
Tras dedicar os últimos 10 anos a acumular experiencia e formación neste sector, créase este proxecto coa ilusión e a paixón de poder axudar á xente a conseguir os seus obxectivos.
Cada persoa é diferente, por esta razón, dende a experiencia e a ciencia adáptase cada adestramento ás necesidades e características do cliente.
OS NOSOS
SERVIZOS
A proximidade e a atención personalizada son as máximas dos servizos que ofrecemos. Segundo as túas necesidades podes optar por adestramento persoal ou grupos reducidos.
En todos os casos o importante será fixar uns obxectivos e alcanzalos.