DENOVO MOVEMENTO
ISMAEL NOVO
Detrás de Denovo Movemento atópase Ismael Novo Souto, graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña, colexiado nº 59412.
Tras dedicar os últimos 10 anos a acumular experiencia e formación neste sector, créase este proxecto coa ilusión e a paixón de poder axudar á xente a conseguir os seus obxectivos.
Cada persoa é diferente, por esta razón, dende a experiencia e a ciencia adáptase cada adestramento ás necesidades e características do cliente.
Para @s que queirades saber máis sobre min...
Comecei os meus estudos co Ciclo de Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas. Durante esa etapa fixen os cursos de Socorrismo, Monitor de Natación e Monitor de Fisioculturismo e Fitness. Co obxectivo de seguir formándome, decidín estudar o Grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte na Coruña, á vez que cursei o Máster de Profesorado.
Desde o inicio da miña formación académica traballei ligado ó rendemento e á saúde, desenvolvendo os labores de preparación física en equipos de fútbol, readaptación de lesións, rendemento e adestramento persoal.
Tiven a sorte de facer as prácticas no Real Club Deportivo de la Coruña, o que me levou a cursar o Ciclo Medio de Técnico Deportivo en Fútbol (Nivel II). Isto axudoume a poder seguir ligado ó fútbol en clubs próximos como o Atlético Arteixo, Atlético Coruña Montañeros CF ou o Victoria CF.
Continúo formándome con cursos especializados na preparación física e o adestramento. Recentemente rematei as certificacións de Elements System, Efficientfootball e Ximnasia Cerebral.
A MIÑA FILOSOFÍA
NORMALIDADE, PROFESIONALIDADE, EMPATÍA E HUMANIDADE
A normalidade, profesionalidade, empatía e humanidade son os alicerces sobre os que traballo no día a día.
Cada persoa é diferente e necesita da máxima predisposición do adestrador, que o entenda, que lle amose o camiño e que o acompañe no percorrido. Considero que o éxito de cada cliente é tamén o meu éxito. A miña ocupación é traballar para alcanzar ese obxectivo.
As cualidades mencionadas anteriormente unidas á confianza no traballo desenvolvido polas dúas partes, xerarán o ambiente perfecto para que academos o obxectivo preestablecido.
Non só é importante o logro final senón tamén a superación das pequenas metas plantexadas no día a día. Esa persoa que tiña como único propósito baixar de peso e que conseguiu unha vida activa para sempre ou aqueloutra que, mentres se recuperaba dunha lesión, deixou atrás a vida sedentaria que tiña.
Confío nun proxecto global e no deseño de pequenas metas que nos conduzan ós cambios permanentes, alonxándome da busca de cambios rápidos pero efímeros producidos polo desexo da inmediatez que impera na nosa sociedade.